Lago de As Pontes

El Lago

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Compartelo en facebook

¿Quién está en línea?

Tenemos 2 invitados conectado(s)

Flash de Noticias del lago en el tiempo

A praia do Lago e o encoro da Ribeira contan xa co seu servizo de socorrismo para o verán

A praia do Lago e o encoro da Ribeira contan xa co seu servizo de socorrismo para o verán

RtvEume 03/07/13

lago mayo-02 Embalse da Ribeira nivel bajo IMG_3092

O Concello de As Pontes ven de poñer en marcha un servizo de vixianza destinado a velar pola seguridade dos bañistas e usuarios da praia do lago. Para esta fin asinou un convenio con Protección Civil, que pon a dispor deste servizo de socorrismo tres socorristas, dos que un estará no pantano da Ribeira e os outros dous no lago, con todos os recursos dos que dispón este colectivo, incluida unha zódiac. A agrupación pontesa é unha das máis activas da provincia, con ata 60 voluntarios, e capacitación para dar este servizo nas mellores condicións. De feito xa o ano pasado tiveron a súa estrea na vixianza do novo espazo de ocio pontés, se ben será o primeiro ano en que a praia dea servizo xa todo o verán, polo que se quixo activar o servizo dende os primeiros días, en previsión dunha grande afluencia de veciños e visitantes. Os vixiantes estarán exercendo todos os días da semana entre as doce do mediodía e as oito do serán, e ata o día 15 de setembro. A inversión do Concello neste convenio acadou os 15.000 euros, que cubrirán tamén a atención no encoro da Ribeira, outro lugar habitual de baño dos ponteses, e que contará cunha persoa. No caso concreto da praia cabe lembrar que a zona de baño vai seguir delimitada a 50 metros cara adentro, o que está perfectamente delimitado cun sistema de balizamento na mesma auga e anunciado coa sinalización pertinente. Nestes intres negóciase a contratación dun cuarto socorrista para o que se requeríu da aoprtación da Deputación provincial.

As rúas Fene e Narón contarán con circulación en sentido único

 

RtvEume 03/07/13

O Concello de As Pontes segue coa reorganización do tráfico en aras de mellorar a circulación e facilitar o aparcamento en determinadas rúas do casco urbán. Logo de ter entrado en vigor xa a circulación en sentido único na rúa Mañón, as seguintes serán as rúas Fene e Narón onde xa se procedeu ó pintado das prazas de aparcamento e na semana que entra prevese instalar a sinalización pertinente para indicar o sentido de circulación e o de dirección prohibida. Completarase así a actuación na zona, logo de que o establecemento de circulación obrigatoria nun único senso na rúa Fene dea continuidade á intervención previa na rúa Ares, e seguindo co trazado de vías paralelas a Mañón viría sumarse á Narón, que é a que queda no medio destas. Dende a Concellería de seguridade quérese incidir especialmente na información ós veciños da rúa para que vaian prevendo os trocos que suporá canto ó aparcamento ademais de á hora de conducir nestas rúas.